Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os Contratos Eléctricos

e ti canto pagas
Imaxen de DCStudio en Freepik
Os Contratos Eléctricos

Ola de novo, empresarios e empresarias da Costa da Morte! 

Na pasada publicación falábamos da urxente necesidade que temos os negocios da Costa da Morte de tomar o control das nosas facturas da luz, e de cómo dende esta columna vos imos a intentar axudar neste desafío, capacitándovos para que poidades defender os vosos intereses.   

 

Nesta ocasión, quero falarche da orixe de moitos dos problemas coas facturas de enerxía: os contratos coas compañías eléctricas. Temos por costume tomalos moi a lixeira, pero en moitos casos, traen verdadeiros desgustos.

Cada vez que precisamos dar de alta un contrato da luz ou queremos cambiar de compañía para mellorar as nosas tarifas, temos que asinar un contrato novo coa compañía eléctrica en cuestión.

Estes contratos poden ser unha auténtica bomba de reloxería. Pódoche asegurar que moitos autónomos/as e empresarios/as se meten en verdadeiros embolados por non pararse a ler o que están asinando. 

Para evitar que isto che pase, vouche ir dando varios “Truconsellos” a seguir á hora de asinar un contrato da luz, sen necesidade de que seas un experto/a na materia. 

#Truconsello nº1: Que non se che ocorra asinar un contrato cunha compañía nova sen antes chamar á túa compañía actual para comprobar se tes permanencia.  

De non facelo así, e posible que che chegue unha carta certificada emitida pola túa compañía reclamando unha penalización de centos ou miles de euros por infrinxir as condicións do contrato.

 

Podo asegurarche que á compañía que che vai a facer o novo contrato, impórtalle moi pouco se ti tes ou non tes que pagar unha penalización. Eles non o van a comprobar. Polo teu propio interese, chama antes de facer ningún cambio e que che confirmen que non hai permanencia no actual contrato.

#Truconsello nº2: Pide que che expliquen por escrito as condicións da oferta que che están facendo e, se pensas que non está todo claro, revisáa con alguén que entenda disto.

 

Que che están ofrecendo? De onde saen eses aforros? A miña recomendación é que pidas que che expliquen todo en detalle e por escrito! Así poderás saber se os aforros que che están ofrecendo teñen algún límite ou algunha condición que a simple vista se che está escapando.

Hai moita pillería nesto. Normalmente a partir dos datos da túa factura, calculan un aforro aproximado e multiplícano por 12, cando esto… NON SE PODE FACER ASÍ. Se alguén vos fai isto, rexeitádeo de inmediato. É preciso facer un cálculo mes a mes para poder ver o aforro real. 

Por exemplo, imaxina que pagas de luz mais ou menos 1.000€ cada mes, pero xusto no mes de agosto, por ser o mes de maior consumo, pagaches 3.000€. Como che parece moito, pásaslle a túa factura a outra compañía para que che faga unha proposta de aforro, e che di o seguinte:

“Se te cambias para a nosa compañía, nesta factura podes conseguir un aforro de 300€, que por 12 meses serían 3600€ de aforro cada ano”.

Moito ollo porque che están mentindo! Se na factura de 3.000€ aforraches 300€, de seguro que nas facturas de 1.000€ vas a aforrar menos de 100€, ou incluso chegar a pagar máis do que pagabas na anterior compañía! 

Aquí podes ver nunha comparativa real o que che estou comentando, como sempre en letra moi pequeniña, 

Recorda: solicita un estudo detallado de todo o ano, revisa todo con calma e se non o ves claro, non asines o contrato!<

 

#Truconsello nº3: Non aceptes cambios de potencia a non ser que estén debidamente xustificados e por escrito.

Hai moitos comerciais que, para gañar mais comisión ou para poder conseguir mellorarche o prezo da luz, modifican a potencia que tes contratada para o teu negocio. Isto pode consecuencias, como ter pagar todos os meses por unha potencia que non precisamos, ou que a compañía eléctrica nos penalice por ter contratada menos da que consumimos. 

 

 

Unha vez mais, que che dean todo por escrito, e en caso de dúbida polo tema das potencias, pregúntalle ao teu electricista de confianza se ese cambio de potencia ten sentido no teu negocio.

#Truconsello nº4: Nunca asines unha renovación dun contrato, sexa por teléfono, SMS ou doutro xeito, sen antes revisar as novas condicións. 

 

Normalmente cando a data de vencemento do noso contrato está próxima, a compañía chama intentando sacarnos un “SI” telefónico para validar a renovación do contrato. A maioría das veces, dispoñemos dunha oferta que remata xusto no momento da renovación, polo que si aceptamos, é moi probable que nos renoven sen ningún tipo de desconto e teñamos que aguantar uns prezos altísimos durante todo un ano. 

Imos a poñer outro exemplo. Imaxínate que tes un contrato cun 30% de desconto, e pagas de media 1000€ ao mes en enerxía. Chámante para renovar, aceptas verbalmente ou por SMS e con esa renovación, remata a oferta que tiñas, actualizan os prezos e quítanche o desconto. Prepárate para pagar 300€ de máis ao mes sen poder facer nada, nin sequera cambiar de compañía, xa que teñen a túa aceptación da renovación!

 

 

Conclusión

Sei que estar pendente destas cousas leva algo de tempo, pero asegúroche que o esforzo que adiques a revisar isto con atención, pode facerche aforrar centos ou miles de euros e especialmente pode axudarche a evitar un verdadeiro calvario nos próximos meses.

Nas seguintes publicacións iremos compartindo outra información valiosa para poder tomar as decisións axeitadas e ter baixo control as túas facturas da luz. 

Se estás tendo ou tivechedes algún problema coa túa factura da luz, comparte a túa experiencia nos comentarios para que entre todos/as poidamos ir aprendendo. Tamén podes comentar nas redes sociais co hashtag #eticantopagas.

Graciñas por ler ata aquí e ata a proxima!

Máis artigos de Marcelino en QPC

Comentarios