Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Correos ofrece nas oficinas de Fisterra e Muxía selos especiais para a Credencial dixital do peregrino

Selos Peregrinos de Correos para Fisterra e Muxia
Correos ofrece nas oficinas de Fisterra e Muxía selos especiais para a Credencial dixital do peregrino

Correos conta nas súas oficinas de Fisterra e Muxía con selos específicos para a Credencial dixital do peregrino. Estes novos selos poden conseguirse a través da lectura dun código QR. A entidade súmase así á aposta pola dixitalización e a seguridade no Camiño de Santiago, ofrecendo ao peregrino a posibilidade de selar a súa Credencial dixital.

Esta opción púxose en marcha no mes de xuño con motivo do Xacobeo 21- 22, cando a Catedral de Santiago lanzou unha aplicación móbil para que o peregrino poida recompilar os selos necesarios para conseguir a Compostela de forma dixital.

Os selos dixitales obtéñense a través dos códigos QR dispoñibles en diferentes puntos do Camiño de Santiago. Ademais das oficinas de Fisterra e Muxía, un total de 25 oficinas de Correos repartidas nas diferentes Rutas Jacobeas dispoñerán do seu selo digital para que os peregrinos poidan selar a súa Credencial.

comentarios