De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte
Xa pasou unha das fins de semana máis esperadas do ano na Costa da Morte. A Semana Santa vívese con gran interse na zona con, nada menos, dúas festas de interese turístico, como son as do Santísimo Cristo de Fisterra e a Mostra do Encaixe de Camariñas, pola que xa pasamos.
Tamén estivemos na Mostra Víndemo Ver de Carnota e mais nas solemnes procesións de Laxe, pero a que foi protagonista foi a cascada do Ézaro, cunha asistencia que rompeu todas as barreiras, e nótase que a Vuelta, e sobre todo, a súa liberación, son grandes atractivos.
Datos turísticos
Hoxe iremos ata Fisterra, Muros, Muxía… non sen apuntar algún dato da ocupación hostaleira. As previsións non eran boas. As reservas baixaron e só os grupos permitiron que algun dos hoteis da zona rexistrasen cheo como o ceense Hotel Insua. Os restaurantes e os bares, non tanto as terrazas, si que tiveron traballo. As ceas de emigrantes retornados (por unha ponte) e as comidas dos turistas permitiron rexistrar boas caixas.
As visitas, de todas partes. Se ben a os que máis foron visitantes galegos (xa se sabe que a crise obriga a facer as viaxes máis curtas), estiveron seguidos moi de preto por asturianos, madrileños e cataláns. Pero ollo, que como nos contan dende o punto de información do Ézaro, tamén houbo xente de Francia, Inglaterra, Miami, Uruguai…
Dende a Oficina de Información Turística da APTCM en Corcubión cóntannos que "os días de maior afluencia na oficina foron o xoves e o venres. O tipo de visitantes foi sobre todo foron nacionais que elixiron como aloxamento hoteis e hostais. Foron menos os que se decantaron polo turismo rural ou por apartamentos". Apuntan ademais que o sábado foi o día dos que aproveitaron para facer unha escapada dun día e coñecer algún punto destacado de Costa da Morte como a Cascada, e neste caso sobre todo xente dos arredores, provincia de Coruña e Pontevedra. Aquí, a pregunta mais frecuente era que ver e onde comer". Destacan ademais, tamén en Muxía, un pequeno incremento de peregrinos.
De procesións e resurreccións na fin do mundo
Impresionante coma sempre as Festas do Cristo de Fisterra. 10 días de procesións e 3 de troula combínanse para dar unhas festas máis auténticas do país. Sorprende ver que hai canteira, i é que as imaxes eran portadas por costaleiros cada vez máis novos. Nin chuvia nin nada pode con estas procesións, e a xente, tanto da casa, como de fóra, respondiu en todas e cada unha, con especial incidencia, coma sempre, da resurrección dominical, onde todo o mundo acodía de punta en blanco.
Cómpre destacar a apertura do Museo da Pesca da man da gracia de Alexandre Nerium, que se prestou para facer as rutas guiadas aos turistas que se achegaron a aprender as artes de pesca máis tradicional da nosa zona. Visita obrigada, sempre que estea aberto, claro…
Algunha estampa curiosa tamén se viu en Muros, onde o Encontro entre a virxe e o Cristo tivo que darse indoor ante a incesante chuvia.
Con congro pero sen misa en Muxía
Contentos quedaron en Muxía coa nova Festa do Congro. A pesar do mal tempo do venres, máis de 800 persoas encheron a carpa preparada para a ocasión e disfrutaron de varios xeitos de cociñar o mundialmente coñecido congro muxián. Se ben os pequenos da vila aínda non se acostuman, estas citas serven para ir quitando o medo e permitir que os veciños tamén o aprendan a disfrutar.
Pero si que houbo certo malestar durante esta Semana Santa en Muxía. I é que o Santuario permanecíu fechado durante estas sagradas datas. Ao parecer aínda non están entregadas as obras de renovación no interior e a parroquia quedou algo molesta por non poder acodir á misa, ao igual que os peregrinos visitantes, que buscan entrar nunah das xoias do románico galego ao chegar a Barca.
Esta Semana Santa na Costa da Morte
- Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte.
- O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Laxe viviu unha apaixoada Semana Santa.
- O Domingo de Ramos abríu a Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).