Venres. 23.08.2019
El tiempo

A Deputación da Coruña instala a primeira sinal oficial do Camiño Inglés en territorio británico

Os deputados Antonio Leira e José Manuel Pequeño percorreron con 300 peregrinos o tramo entre Finchale e Durham, quilómetro cero deste itinerario xacobeo. Durante a visita, Pequeño situou Fisterra en particular e a Costa da Morte en xeral como o remate lóxico de calquera peregrinación unha vez chegados a Compostela.

A Deputación da Coruña instala a primeira sinal oficial do Camiño Inglés en territorio británico

Os deputados provinciais Antonio Leira e José Manuel Pequeño colocaron esta fin de semana en Finchale o primeiro sinal do Camiño Inglés de Santiago que se pon en Gran Bretaña.

Na abadía de Finchale, no nordés do país e considerado como o “quilómetro cero” desa ruta xacobea, trescentas persoas foron testemuñas da instalación da primera sinal coa frecha amarela no centro que marca o punto de partida do Camiño Inglés, a case que 2.500 quilómetros da praza do Obradoiro.

Leira animou aos presentes "a cumprir o sono de ir a Santiago" seguindo os pasos de milleiros dos seus antepasados. Pola súa banda, José Manuel Pequeño situou Fisterra en particular e a Costa da Morte en xeral como o remate lóxico de calquera peregrinación unha vez chegados a Compostela. No uso da palabra precedeunos Tracy Smith, deputada de Turismo do condado de Durham (onde se atopa Finchale), quen dixo que a promoción que a provincia da Coruña estaba facendo dos Camiños de Santiago era "un exemplo a seguir, e tanto estou convencida diso que irei a coñecelo en persoa".

Acto seguido os tres centenares de persoas peregrinaron pola ruta medieval ata a catedral de Durham, onde foron recibidas polo alcalde da cidade. As autoridades eclesiásticas guiáronlles logo polo templo, declarado patrimonio da humanidade.

Comentarios