Vernes. 19.04.2019
El tiempo

Detido tras sufrir unha descarga cando roubaba cable

Detido tras sufrir unha descarga cando roubaba cable
faro-fisterra

Esta mañá a Garda Civil, o seu Equipo Roca da Compañía de Carballo, detivo ao presunto autor dun hurto de cable na contorna do Faro Fisterra. Uns feitos que se remontan ao pasado mes de xuño do ano en curso, cando a Garda Civil tivo coñecemento de que dous individuos se trasladaron no seu vehículo particular ata Faro de Fisterra para subtraer dunha torreta eléctrica (que abastece ao Faro Fisterra) cable de media tensión e que no transcurso do labor de extracción produciuse unha descarga eléctrica que provocou que o agora detido sufrise graves lesións.

A pesar do aparatoso accidente, os supostos autores conseguiron esconder o cable subtraído, o cal foi recuperado na súa totalidade pola Garda Civil. Dende aquela a Garda Civil seguíu o rastro do autor ata dar con el.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/identifican-unha-muller-en-coristanco-que-conducia-sen-carnet-baixo-os-efectos-do-alcohol/ https://quepasanacosta.gal/evacuan-en-olveiroa-a-un-enfermo-con-sindrome-de-dioxenes-entre-toneladas-de-lixo/

Comentarios