Emilia Pardo Bazán trouxo a súa “mente poderosa” a Fisterra
21:41 03/10/21
Este sábado a mesma Emilia Pardo Bazán, reencarnada na actriz Laura Sarasola Pontón de Caramuxo Teatro, achegouse ata a vila do Cristo. Foi para acodir á presentación celebrada no Bela Fisterra do libro publicado pola Editorial Bululú “Una mente poderosa”, da ceense María Canosa.
Emilia e María mantiveron unha conversa trasxeneracional na que destacaron que o libro está pensado para todos os públicos, conta con ilustracións máis que singulares, e xa está á venda en Ler Librerías.