Fernando Castro Paredes e Samuel L. París para celebrar o 75 aniversario da Editorial Galaxia no Bela Fisterra

Novo evento no Bela Fisterra. O 28 de setembro, o hotel literario, acollerá o 75 aniversario da editorial Galaxia, unha das máis lonxevas editorias do país. Presentaranse dúas obras onde a escritora ceense Concha Blanco será a moderadora e presentadora da mesa.
Ás 12h da mañá, presentación de “Ou Lanzador de Coitelos” de Fernando Castro e “O tenro é o salvaxe” de Samuel L. París.
Fernando Castro Paredes, autor de "O lanzador de coitelos", gañou recentemente o Premio Galaxia de Novela 75 anos, galardón dotado con 25.000 euros. Escritor nacido en Tapia de Casariego (Asturias) en 1975, e afincado en Cee onde traballa como profesor de Lingua no Instituto de Educación Secundaria Fernando Blanco.
O Poemario do muradán Samuel L. París "O tenro é o salvaxe" cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.
A nota musical do evento correrá a cargo de Sib do Solpor, grupo folk tradicional liderado por Santi Bardullas, o gaiteiro do Solpor.