Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fin de semana de música e poesía en Fisterra

  • ÚLTIMA HORA: O Concerto de Indomable queda suspendido pola choiva.
actividades fisterra 3 4 setembro 2022
Fin de semana de música e poesía en Fisterra

Vén cargada esta fin de semana a actividade cultural na vila do Cristo para este sábado 3 e domingo 4 de setembro.

O sábado a partir das 19:00h, na Biblioteca da Casa do Arco, a escritora Beatriz Pin presenta o seu libro Río Adentro facendo ademais un recital poético. Estará acompañada Mary Carmen Rey Núñez.

De contado, toca subir ao Semáforo porque tocará ás 20:00h Indomable. O autor herculino traerá a súa mestura de folk, pop de autor e indie. Entrada libre.

Ademais, o domingo 4, ás 20:30h, chega á Praza da Constitución o Ópera Break´s, un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e DJ nunha única actuación de gran calidade artística que nace da conexión entre a soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola.

Fisterra espera ademais a chegada das Festas Patronais que inclúen ademais a actuación de Xoel.

Comentarios