Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Festas Patronais de Fisterra chegan a primeiros de setembro

Festas do Carme de Fisterra 2022
As Festas Patronais de Fisterra chegan a primeiros de setembro

Pensa Fisterra xa, tralo exitazo da Festa Folk na Fin do Camiño, nas Festas Patronais e do Carme. Un Carme que sempre se despraza a setembro, para que a comarca mariñeira poida disfruytalas a tope.

O xoves 8 de setembro arrinca ca Patroa da Vila, Santa María das Areas, con procesións, sesión vermú, e tarde para a cativada na Praza da Constitución a partir das 16:30h. Pola noite, verbena con Atenas.

O venres 9, polo San Roque, abrirá a Banda Desiderio Paz co pasarrúas, e haberá verbena, co Grupo Eureka, ademais das misas e demais actos relixiosos que estarán acompañados polo coro parroquial “Santa María das Areas” e o Coro Nosa Señora do Carme.

O sábado 10 celébrase o Carme, coa misa na lonxa, e a tradicional procesión marítima, unha das nosas xoias etnográficas.
Xa pola pola tarde, toca o VI Campionato Internacional de Fútbolín Alexandre de Fisterra.
Pero a cousa vén cargada, porque despois da tarde de pasarrúas, queda unha verbena tremenda con El Combo Dominicano. Ademais, como previa, concertazo con Xoel López no porto a partir das 22:00.

Xoel Lopez en Fisterra

As Festas coincidirán coa Romaría da Virxe da Barca de Muxía, polo que teremos unha boa cita doble esa fin de semana. Ademais, esta semana aínda toca disfrutar das festas do Val de Sardiñeiro que traeremos mañá.

Màis festas

Comentarios