Luns. 07.10.2024
El tiempo

Fisterra e Vimianzo xa ven a tele por internet a través das Aulas CeMIT

Fisterra e Vimianzo xa ven a tele por internet a través das Aulas CeMIT

Esta semana, as aulas CeMIT de Fisterra e Vimianzo comezaron con novos cursos. Neste caso o curso é sobre televisión en internet, e serán 15 horas nas que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas na distribución de contidos audiovisuais na rede.

Como nos conta a Axente TIC de Fisterra, Alicia López, o curso estará activo dende onte luns, e ata o xoves, de 10:00 a 14:00 horas. Destaca Alicia que o curso está orientado fundamentalmente a futuros traballadores ou interesados no mundo da televisión en internet en xeral e que teñan nocións básicas sobre o tema e queiran ampliar as súas capacidades e coñecementos neste ámbito.
E da súa experiencia neste tempo na vila do Cristo, destaca "as gañas que teñen os maiores a aprender".

Vindeiras accións formativas

Se en Dumbría rematan o curso cunha master class de Daniel Cerqueiro, Xerente de Galinus, por Fisterra xa pensan noutras actividades. En breve nos informarán sobre unha actividade con persoas de 70 anos, pero antes xa presentan para o vindeiro mes os seguintes cursos, que por certo, xa teñen todas as prazas ocupadas:

  • Deseño Gráfico (do 11 ao 14 de xuño).
  • Retoque Fotográficos (do 25 ao 28 de xuño).

Novas relacionadas

Comentarios