Fisterra escacha coa risa

Este sábado pasado máis dunha veintena de cativos de entre 3 e 13 anos acudiron á cita da Plataforma Fisterra Único fin do camiño nas instalacións do antigo salon de actos do Concello.
Tratábase dun obradoiro de risa organizado pola Plataforma e posto en marcha pola educadora social e pedagoga Natalia Dominguez Galán, que se desprazou dende a cidade de A Coruña para poñer en marcha durante a calurosa tarde do sábado, unha actividade pensada para que os cativos, principalmente pero no que tamén varios adultos puideron exercitar as súas mandíbulas.
O curso desenvolveuse mediante unhas dinámicas de grupo para sacar de dentro o mellor de cada un: as gargalladas foron unha vía eficaz que buscaba potenciar a relación entre os nenos, rachando coa timidez e a carencia de relacións cós demais membros do grupo.
Os participantes descubriron as multiples maneiras de rirse, puxeron en práctica xogos e dinámicas que fixeron desa tarde un magnífico revulsivo contra as preocupacións, os temores e as dificultades da vida mesma. Axudaron a que se coñeceran entre eles i estableceran vínculos emotivos e amistosos entre todos eles.
A satisfacción polo resultado da actividade foi enorme e sorprendente, pois a resposta dada polos nenos deixou claro que "non hai cousa máis fermosa que o sorriso dun neno para facer desta vida un sitio millor onde vivir", como describen dende a Plataforma.
De feito, a entidade non descarta poñelo en práctica máis adiante con persoas maiores, pois, ademais da liberación propia que producen as gargalladas, este obradoiro tamén é un método moi eficaz para manterse en forma e dar unha maior calidade de vida aos participantes nel.
Vindeiras actividades
En poucos días, a Plataforma fisterra anunciará un curso de fotografía que será impartido por Juan Louro Cambeiro, gañador do concurso do ano pasado Esecncias de Fisterra.
Máis información
Máis novas
- A revolución do futbolín alonxou ás consolas de Fisterra.
- A Plataforma fisterrá atopa a Esencia mariñeira a base de fotos.
- Fisterra viaxa no tempo polo Promontorio Nerium.
- O pobo fisterrán pide que Alejandro Finisterre sexa Fillo Predilecto da vila.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Fisterra Único Fin do Camiño.