Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fisterra ponse de longo para o comezo das Procesións

Fisterra ponse de longo para o comezo das Procesións
Unha procesion de Semana Santa de Fisterra As procesións de Semana Santa de Fisterra sempre son un reclamo turístico para a comarca Xa coñecemos o programa litúrxico e tamén as orquestras que farán as delicias dos máis festexeiros nas Festas do Cristo de Fisterra. Queda menos dunha semana para que a Semana Santa de Fisterra saque a primeira procesión, e a vila xa sen pon de longo. E non pode ser doutro xeito pois os días máis importantes e de máis traballo para os organizadores son ben numerosos. Falamos do Venres Santo e o Domingo de Resurrección, que segundo os datos do ano pasado chegaron a Fisterra, o Venres Santo unhas 20.000 persoas e o Domingo de Resurrección unhas 15.000 co que a organización non é fácil.

Primeira procesión

Así, este venres 18 de marzo xa comeza a Semana Santa coa procesión da nosa Señora das Dores. Ás 20:00 horas na igrexa parroquial terá lugar a misa na súa honra para proseguir coa procesión que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada dos seus confrades co fervor e relixiosidade que esta procesión leva. A Xunta de Confrarías da Semana Santa xa está a traballar a pleno rendemento. Reunións para a organización dos traballos que levarán a cabo ao longo destas semanas para a montaxe de todo o necesario para os actos viventes que se celebran en Fisterra, así como a organización e coordinación coas diferentes confrarías para todas as procesións que levan a cabo na Semana Santa de Fisterra. De feito, o domingo pasado comezaron os traballos para a Semana Santa 2016. As colaboradoras habituais da igrexa así como integrantes das confrarías comezaron pola limpeza da igrexa de Santa María das Areas, así como todo o necesario para para as misas e actos que levasen a cabo durante a semana grande de Fisterra. Por todo iso, desde a Xunta de Confrarías fan unha invitación a vivir a Semana Santa do Fin do Mundo. Unha Semana Santa vivente, con séculos de historia. Unha Semana Santa única en España polo incalculable valor cultural que os actos celebrados en Fisterra levan e que teñen a súa orixe na abadía de Winchester no ano 973.  

Novas relacionadas

Outras citas para Semana Santa

Fonte

Comentarios