luns. 17.03.2025
El tiempo

Fisterra volve convertirse en escenario de película

Faro Fisterra desordenado
O Faro Fisterra acollerá a rodaxe
Fisterra volve convertirse en escenario de película

”Journey to you” é o nome do novo filme que se vai rodar en Fisterra. En breve un equipo de 70 persoas da Soul Pictures S.L. (produtora española con sede en Barcelona) e Hallmark Studios (estudio de USA), instalaranse na vila para rodar nas inmediacións do Faro fisterrán.

O filme, que está dirixido por Terry Ingram (canadiense afincado en USA, con máis de 85 traballos ás súas costas, entre os que se destacan series coñecidas como Nikita ou Cazatesouros), conta a historia dunha enfermera estadounidense, que decide facer Camiño para cambiar a súa vida. Atoparase cun home divorciado, e ambos realizarán unha viaxe cara si mesmos. Erin Cahill e Erik Valdez serán os protagonistas.

Comentarios