Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Fisterra volve entregar os seus Premios Turísticos

Fisterra volve entregar os seus Premios Turísticos

Despois da gran acollida que tivo a primeira gala de premios, a Asociación Turismo Fisterra convoca as II Xornadas Turismo Fisterra para o sábado 18 de xaneiro. Este ano concentraranse as actividades nunha tarde, comezando ás 18:00h no Salón do Hotel Cabo Finisterre con dúas charlas, e rematando coa Cea e a Gala de entrega de premios.

Serán Fernando Alonso Romero (Catedrático Xubilado de Historia na USC) e Berjamín Trillo (escritor e avogado) os que fagan un rodeo en clave histórica sobre a simboloxía e misticismo do fin da terra.

A cea estará amenizada polo dúo Alba e Selo, e xa se poden reservar praza (tanto socios como non socios) no 604025281).

Dende a entidade animan a todos os establecementos a adherirse á asociación, e invitan a poñerse en contacto no correo [email protected]

Plan estratéxico, en pausa

Mentres, queda pendente de ir executando o Plan Estratéxico que o ano pasado realizaron Asociación e Concello e que se presentou ao sector. Un plan de 5 eixes de actuación (estratexias de goberno, actividade económica, poboación, marca e promoción e comercialización), con 27 liñas estratéxicas e mesmo 67 medidas concretas. Un Plan pensado para ir desenvolvendo nestes 4 anos, pero que polo de pronto apenas se ten aberto.

Novas relacionadas

comentarios