Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Turismo Fisterra renova a unión do sector e recoñece aos clásicos

Turismo Fisterra renova a unión do sector e recoñece aos clásicos
Pombo e Picallo na Gala de Turismo Fisterra Pombo e Picallo na Gala de Turismo Fisterra

Trala presentación do Plan Estratéxico, as Primeras Xornadas Turismo Fisterra remataba este pasado sábado cun acto final, a cea de gala na que se entregaron os primeiros premios da entidade. Unhas xornadas que serven para ir tecendo fíos e unindo un sector tradicionalmente enfrontado entre si, e uns premios que serven para recoñecer a labor intensa durante anos, de varios clásicos da divulgación do patrimonio fisterrán.

Antes tocaba charla-coloquio con Antón Pombo e José Antonio de la Riera, ambos membros da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago e Fundadores de Asociación de Amigos do Camiño, moderada por Pepe Formoso director de Radio Nordes Cadena Ser. Unha charla que serviu para recuperar sobre as orixes do camiño de Fisterra, a súa delimitación e as posibles melloras tanto do camiño como da vila de Fisterra.

De la Riera e Boullosa na Gala Turismo Fisterra De la Riera e Boullosa na Gala Turismo Fisterra

Precisamente os propios José Antonio de Riera e Antón Pombo levaron os dous galardóns máis importantes pola súa continua promoción e mellora do Camiño a Fisterra. Rafael Sanchez en representación do Xacobeo e Turismo de Galicia tamén recibiu outro galardón, e o divulgador científico, Jorge Mira, que tanto amosou a fin da terra achegando a numerosos premios nóbel recibirá en vindeiras datas, pois non puido estar na gala pero si que se achegará ao Cabo Fisterra precisamente na compaña do premio Nobel de Química.

Conclusión e pasos a dar

A directiva remata estas primeiras xornadas coa sensación de que Fisterra é unha marca a recoñecida a nivel mundial, pero que se pode mellorar o sector turístico comezando por::

  • A contratación dun técnico de turismo;
  • A apertura do faro coma un centro de interpretación e punto de información turística;
  • Reforzar a formación do sector;
  • Poñer en valor novos recursos coma o castro de Castromiñán.
  • Traendo eventos a Fisterra de primeiro nivel, en especial durante o vindeiro ano xacobeo.
Rafael Sánchez, Jose Marcote, De la Riera, Antón Pombo e Juan Marcos Traba Rafael Sánchez, Jose Marcote, De la Riera, Antón Pombo e Juan Marcos Traba Cea da Gala de Turismo Fisterra Cea da Gala de Turismo Fisterra no Terrón  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/plan-estratexico-turismo-fisterra/

Comentarios