domingo. 01.12.2024
El tiempo

Fisterra xa ten o seu programa de Entroido

Fisterra xa ten o seu programa de Entroido
Entroido Fisterra 2016

Finalmente será o sábado 6 de febreiro a gran Festa do Concurso de Comparsas do Entroido de Fisterra, O Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Será Xurxo Souto o prsentador para unha festa completa no pavillón municipal, tralo que terá lugar un desfile ata a Praza da Constitución onde se entrega dos premios.

Pero son moitas máis cousas as que encherán de troulas estes días de festa na vila do Cristo. O venres, arrincará coa inauguración (ás 12:00h) da I Mostra da Historia do Entroido de Fisterra, cunha marea de fotos históricas no Mercado Municipal. Esa memsa mañá haberá desfile colexial.

Xa o doingo tocan obradoiros infantís e o martes, concurso infantil e música en directo e os Cabezudos.

Queima do polbo

A traca final, será o sábado 13 de febreiro, collendo o relevo en fin de semana do Mércores de Cinza. A Queima do Polbo terá lugar ás 18:00h na Praia da Ribeira.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios