Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fotodesfeita: A ladrillo vista en Fisterra

Fotodesfeita: A ladrillo vista en Fisterra

Ben podería ser a primeira entrega dunha saga de Fotodesfeitas: "A ladrillo vista", facendo valer a sección radiofónica que Fran Hermida realizaba con bravura en simpatía. I é que basta coller o coche para topar con 4 ou 5 casas sen rematar, a medias, pero sempre co ladrillo como protagonista.

Hoxe queremos facer unha denuncia histórica, dun edificio que xa ten 30 anos. E pode ser precisamente por iso polo que xa apenas se protesta. Falamos deste edificio que convirte á Praia da Ribeira de Fisterra nun lugar estrano, sen o cal sería un lugar idílico. O porto a unha banda, e o Castelo de San Carlos á outra, só este edificio afea completamente o lugar, en pleno centro da vila do Cristo.
Non se comprende como as autoridades non fan nada por evitar esta desfeita, que fai realmente moito dano á hostelería da zona.

A construción do edificio comezaba nos anos 80, pero non foi a bo porto. Xa a comezos dos 90 intentaron retomalo pero non se puido por problemas de legalidade. Foi no 1999, cando se retomaron unhas obras. Unhas obras que non se correspondían coa legalidade vixente por ter 4 pisos.

Dende entón, xa van máis de 12 anos de pleito en pleito, a pesar de que a licencia xa non sería válida de ningún modo.

Daquela, que hai que facer para tiralo abaixo?

Outras novas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios