Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Os “Galician Wines” marídanse en Fisterra

Galician Wines no Bela Fisterra
Os “Galician Wines” marídanse en Fisterra

”Galician Wines” é un evento en formato de Túnel do viño que serve como plataforma de promoción dos viños e destilados premiados na Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia. Trala saída ao mercado dunha nova edición da Guía de Viños de Galicia (2022) e dado o elevado número de mecenas (unha veintena) e de exemplares mecenados (máis de 100) en Costa da Morte, un ano máis a Guía de Viños de Galicia organizará un Túnel do Viño “Galician Wines” onde os asistentes poderán probar máis de 100 viños e destilados galegos premiados.

O evento organizarase no Hotel Bela Fisterra o venres 1 de abril de 17.00 a 21.00 en horario ininterrumpido e contará coa presenza dos autores do libro Luís e Alejandro Paadín.

Comentarios