Luns. 06.05.2024
El tiempo

Galiza Nova tivo dúas citas na fin de semana en Fisterra e Cee

Galiza Nova tivo dúas citas na fin de semana en Fisterra e Cee

Doble sesión política e reflexiva da mocidade nacionalista da Costa da Morte. A entidade Galiza Nova organizaba un Encontro da Mocidade en Cee de apoio ao BNG de cara ás eleccións de maio. Mentres, en Fisterra, a sección local da entidade organizada unha interesantes sesión de charlas tamén con tintes políticos pero máis cultural.

Encontro en Cee

O Encontro da Mocidade da Costa da Morte iniciou o venres en Cee a campaña dos nacionalistas na Comarca. Foi durante un acto organizado por Galiza Nova que serviu para transmitir á mocidade as propostas dos candidatos e candidatas do BNG, e onde a mocidade lles quixo transmitir a súa forza para impulsalos o 22 de maio ás alcaldías de Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas.

O evento, que tivo un animoso formato de gala, foi conducido por César Cambeiro, actor galego recoñecido pola súa participación en multitude de series do talle de Terras de Miranda, Mareas Vivas ou filmes como Os luns ao sol.

Despois da presentación das candidaturas do Bloque Nacionalista Galego na Costa da Morte, tivo lugar a esperada estrea do video de Galiza Nova en apoio ás listas do BNG. Mario Maceiras, responsable comarcal de Galiza Nova, ocupou o atril para pedirlle á mocidade o apoio á alternativa que representa o BNG na comarca.

A encargada de pechar o Encontro foi Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, que se sorprendeu pola forza e ilusión que percibe nunha mocidade da comarca tan necesitada de cambios urxentes.

Sesións culturais en Fisterra

Tres días de actividades no marco das I Xornadas Culturais organizadas por Galiza Nova de Fisterra. 3 días completos con poesía, reflexións, monólogo e obradoiro para nenos.

A cita poética co Batallón Literario da Costa da Morte foi das que mellor acollida tivo. Modesto Fraga abríu o recital facendo unha viaxe pola historia deste grupo de artistas que levaron nos anos 90 o nome da Costa da Morte por todo o país. Posteriormente o propio Modesto, Mónica Góñez e Roberto Traba Velay fixeron sendas lecturas.

Pechou a cita sabatina Xermán Martínez, número 2 do BNG fisterrán, que fixo rir a todos os asistentes co seu monólogo. Ao final tivo que facer unha simpatiquísima parodia do mítico humorista Eugenio ante o clamor do público.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa de Galiza Nova Costa da Morte e GAliza Nova Fisterra.
  • Fotos da sesión en Fisterra de Xusto Gómez.

Comentarios