As historias navegan no mar da fin da terra
Navegar pola fin do mundo ten, definitivamente, unha maxia especial. Pode que os de fóra o saiban valorar mellor, pode que a nós nos pareza algo demasiado cercano como consideralo especial. Pero comprobalo é tan sinxelo como montarse nalgún dos cruceros que atravesan o mar de Fisterra e deixarse levar.
Hoxe, despois da posta a punto desta semana, montamos no Ganges Quinto de Navega Finisterre, unha embarcación de carpintería de ribeira, que cambiou o traballo de pesca na ría do Grove, polo turismo da Costa da Morte. Foi o fisterrán Plácido Waldomar, o que mercou o barco (namorou nada máis velo) e o restaurou xunto con Xan Muíños, que a día de hoxe é o capitán. A bordo, traballan o mariñeiro da vila Jesús, e a adoptada Sole Méndez, facendo de mariñeira, de guía ou de vendedora de tickets.
Jesus e Xan a bordo do Ganges Quinto de Navega Finisterre con varios turistas
Leva operativo dende xuño, porque deste mundo do turismo, e do mar, non se pode vivir todo o ano. Foron os rapaciños do Colexio Nosa Señora do Carme, os que estrearon a temporada, e fixérono para completar a lectura do libro “Volverás, golfiño”, cunha saída práctica. De feito, a autora Andrea Maceiras compartiu viaxe co alumnado fisterrán.
Cada día fan unhas 4-5 saídas, cunhas 40-50 persoas a bordo, se ben se non se chega a un mínimo de 10 persoas, poden saír no Taximar. Un día toca Ruta da Fervenza do Ézaro, Illa Lobeira, entrada ata Corcubión… e sempre o solpor da fin da terra.
A bordo, os cruceristas poden degustar varios produtos locais como as empanadas de millo de Germán e tortilla do longueirón fisterrán, regado con viños galegos, refrescos ou auga.
Pero o que máis lle gusta degustar son as historias, as enerxías. Sole Méndez non para de contar historias do mar, de naufraxios que foi aprendendo dos vellos do lugar, do Castelo, do Faro… ou da festa do Longueirón, ou a historia do Desembarco Pirata… relatos que vai adaptando en función das datas do ano…
Unha desas historias que máis chega dase ademais en primeira persoa, cando conta a impresión que tivo a primeira noite que escoitou á agora silenciada Vaca de Fisterra.
Outra das cousas que máis sorprenden é a cercanía do Corredor de Fisterra, esa zona a apenas 30 millas por onde pasan máis de 40.000 barcos anualmente, un dos puntos con maior tráfico mercante do mundo. Ou que å apenas 10.000 km está Nova YOrk, e a 5.000, Arxentina.
Historias coas que traslada toda a paixón que lle fixo quedar en Fisterra e lle fixo querer traballar no mar saltándose todas as reglas machistas non escritas do mundo mariño. “Comecei como guía turistica pero xa fago de todo, dende mariñeira de ponte a camareira, e a miña ilusión sempre foi poder mercar un barco, aínda que non poidas vivir del todo o ano”, explica
Concerto de Blues a Bordo no marco do Festival
A bordo do Gances Quinto xa teñen disfrutado de actuacións poético-musicais, concertos como o vivido no Blues Experience, ou mesmo despedidas de solteir@s. Un grupo de nadadoras australianas, un home da Illa de Man, xentes que viviron no Ártico, ducias de xaponeses ou dos agradecidísimos coreanos… son incontables as historias que van e veñen polo mar.
Son estas algunhas das pequenas anécdotas que gardan os tripulantes do cruceiro, sempre acompañadas por certos habitantes da ría: “Os golfíños acompáñanos case cada día, pero un día atopas unhas baleas, outro ves os mercantes aló ao fondo polo Corredor, outro ves os cerqueiros faenando”… explica Sole Méndez.
Ruta polo Ézaro co Taximar
Novas relacionadas
- Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
- Taximar, unha das iniciativas singulares que dinamizan o sector turístico da Costa da Morte.
- Para que a Vaca de Fisterra volva bruar: “Porque Fisterra é o Finisterre máis Finisterre de todas as Fisterras”.