Xoves. 02.05.2024
El tiempo

“Imos revivir a noite de Fisterra”

dj Sergy no Pub Titanic de Fisterra
“Imos revivir a noite de Fisterra”

A noite de Fisterra leva moito tempo en modo cativo. Agás durante o verán, que si que hai bastante movida, manteñen o pulso da marcha nocturna os Titanic, Boulevard ou o Manhatan, ofrecendo esa alternativa de ocio para a xente da vila e para eses peregrinos que queren dar o último baile antes de volver ás súas realidades. 

Pero hai quen esta disposto a “revivir a noite de Fisterra”. Xa comezou esta pasada fin de semana, e este sábado volve pinchar no Pub Titanic DJ Sergy. Sergio Vilela Lago é veciño de Nemiña, e dedicouse moito tempo á compra-venda de vehículos, pero, como amante da noite, comezou no seu día a traballar coa discomóbil Fabrik con Dj Rakso, unha das referencias da comarca, para aprender o oficio dun bo pinchadiscos.

Agora, xa entregado aos platos, quere “revivir sitios que non teñen tanta vida, para darlle algo de alegría. Quero facer que Fisterra volva aos tempos de antes, cando habia moita xuventude, e precisamente queremos iso, viaxar un pouco ao pasado e que a xente disfruute da noite e dun ambiente agradable”.

Así, este venres e sábado chega con para todos los estilos, “como nas festas, bachata, cumbia, merengue.... e se coincide algún tema de techno comercial, pero sempre máis orientado ao bailoteo”.

Comentarios