venres. 09.05.2025
El tiempo

Máis de 380.000€ para executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago de Fisterra

Máis de 380.000€ para executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago de Fisterra
Jose Marcote e Beatriz Mato asinaron onte o convenio de colaboracion entre o concello de Fisterra e a Xunta José Marcote e Beatriz Mato asinaron onte o convenio de colaboración entre o concello de Fisterra e a Xunta Despois da aprobación do proxecto de mellora do saneamento na rúa Manuel Lago, en Fisterra, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou onte co alcalde de Fisterra, José Marcote, o convenio de colaboración que permitirá executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago. A Xunta investirá máis de 380.000 euros nesta actuación, que estarán cofinanciados por fondos FEDER. Actualmente, na zona da actuación estanse a recoller augas procedentes dun arroio, o que supón unha achega de augas pluviais que produce un gasto de enerxía innecesario no bombeo que envía as augas negras á EDAR municipal. Para evitar isto, executarase un novo colector de augas pluviais ao longo da rúa Manuel Lago Pais, que captará as augas limpas procedentes do arroio no seu punto máis alto e as conducirá ata un punto de desaugadoiro que existe na costa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería Medio Ambiente

Comentarios