Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mallas fai flotar unha barca de pedra

Casa das Peritas chea por Semana SAnta
A Casa das Peritas chea por Semana SAnta
Mallas fai flotar unha barca de pedra

Unha das citas singulares desta Semana Santa atópase en Mallas, Fisterra. E moi viva está estes días a Casa das Peritas. As exposicións de Contexto que acolle este espazo están sendo un claro foco de atracción da comarca. 

Pero a intervención vai máis aló da propia casa dos Natasha Lelenco e Tomás Lijó. Este sábado van realizar unha intervención no Lavadoiro de Mallas. 

Francisco Remiseiro creando unha barca de pedra
Francisco Remiseiro creando a barca de pedra

A barca de Pedra de Francisco Remiseiro presentarase este sábado 16 ás 19h no Lavadoiro de Mallas. A Barca de Pedra é unha das últimas pezas do escultor, que será presentada por primeira vez ao público nunha acción performativa que contará coa participación da música galego-arxentina Catuxa Salom.
A presentación converterá en espazo escénico o lavadoiro da aldea de Mallas, en Fisterra, un conxunto de grande interese patrimonial, que, entre a arborado e os hórreos que o rodean conforma un improvisado anfiteatro no que a auga e a pedra do lavadoiro son elemento central e conformarán o marco visual da instalación.

A barca é unha peza esculpida en granito de arredor dun metro de lonxitude. “A peza nace a partir do relato das pedras flotantes, tan presente na tradición galega, do que son mostra os relatos da Virxe da Barca en Muxia, ou a barca de pedra na que foron traídos a Galicia os restos do Apóstolo segundo o Códice Calixtino". Afirma Remisiero “que sempre me pareceron tan poéticos estos relatos que pensei levalos á escultura. Hai historias que poden
contarse a través da fotografía, da pintura, etc, pero hai outras que só poden ser contadas desde a escultura, que te permite neste caso poder atestar, poder tocar, sentir o peso, algo que non sería posible percibir a través doutro medio. Se a barca flota, será algo completamente incongruente, e isto é algo que funciona moito na arte.”
Esta obra conecta coa liña de traballo e exploración de Franciso Remiseiro arredor da mística da pedra.

A exposición conta coas colaboracións da área de Cultura do Concello de Fisterra e de Vermús Petroni.

Comentarios