Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Guía para aproveitar a Semana Santa na Costa da Morte

semana santa costa da morte 2022
Guía para aproveitar a Semana Santa na Costa da Morte

Inmersos esta xa nunha recuperada Semana Santa na Costa da Morte. Unha das épocas máis fermosas, que comezou pasada por auga, pero que semella que vai rematar con sol.

Facemos un repaso poas citas máis destacadas para disfrutar, pensado para visitantes pero tamén para nós como veciñ@s.

O tridente evidente

O trío máis clásico da comarca é directo:

  • A Semana Santa de Fisterra. Con procesións continuas das máis verdadeiras de todo o país, cheas de devoción, aderezadas ademais polo verbeneo das Festas do Santo Cristo.
  • A Mostra do Encaixe de Camariñas encherá de moda e tradición a comarca dende o mércores ata o domingo. Desfiles, demostracións, concertos, artesanía…
  • A Mostra de Promoción Local Víndemo Ver de Carnota vestirase de gala coma se fose un mercado do século XX para convertir a vila carnotá nun centro no que o comercio local será protagonista, pero no que tamén haberá gastronomía, música, troula…

Máis cousas

Son moitas máis as actividades interesantes para visitar durante estes días, ademais de poder facer calquera escapada a un dos nosos Recunchos da Costa ou a facer o Camiño dos Faros.

Unha das máis singulares é a exposición de arte na “Casa das Peritas”. O espazo cultural de Mallas, en Fisterra, acolle unha semana completa, con sesión vermú, concertos, e sobre todo, moita arte coa exposición de 3 artistas internacionais.

Tamén se pode aproveitar a chegada ás terras fisterrás para achegarse á Exposición de Modelismo Naval da man que “Rayolo” ten na Capela do Pilar de Corcubión. Barcos e maquetas incribles lévannos de viaxe pola historia do noso mar.

O Dolmen de Dombate tamén abrirá coa exposición de fotografía de Ana Ruíz.

As Torres do Allo tamén terán un amplo horario de visita coa exposición das maquetas de castelos e faros de Exin, e os Obradoiros de conciliación para a rapazada.

En clave audiovisual, o venres a Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme prepara o I Ciclo de cine documental Xosé Manuel Ferreiro Chans.

E en clave verbeneira, Muros prepara a súa Festa de Primavera para as noites de xoves e venres.

Comentarios