Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Manuel F. Rodríguez presenta en Fisterra a súa novela ambientanda na fin do mundo

Manuel F Rodriguez El Viaje al fin del mUndo 2
Manuel F. Rodríguez presenta en Fisterra a súa novela ambientanda na fin do mundo

Este venres, 5 de abril, ás 19:00 h, no salón de actos do Concello de Fisterra terá lugar a presentación da versión en castelán da novela El viaje al fin del mundo. Los buscadores, publicada recentemente pola editorial madrileña Evohé e da autoría do xornalista e escritor Manuel F. Rodríguez.

A novela, que ten en Fisterra e os seus significados lendarios o eixo da súa narración, parte do roubo en 1906 na catedral de Santiago da cruz grega de Alfonso III o Magno, unha xoia de ouro e pedras preciosas adorada durante séculos polos peregrinos europeos. El viaje al fin del mundo, distribuído en toda España, presentouse xa en Madrid, e seguidamente en varias cidades e localidades. Tras a presentación en Fisterra, os próximos destinos serán Burgos e Albacete.

No acto intervirán a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez; o xornalista e empresario Pepe Formoso; e Manuel F. Rodríguez.

O autor

Manuel F. Rodríguez é licenciado e doutor en Ciencias da Comunicación. Traballou en radio e prensa e foi técnico cultural da Xunta de Galicia. Tamén foi profesor de Comunicación da Universidade de Santiago durante 11 anos, tempo no que levou a cabo, entre outras iniciativas, a primeira exposición da historia da radio en Galicia (2008). Como investigador e divulgador especializado no Camiño de Santiago publicou múltiples artigos en medios de varios países, as guías das cidades de Santiago e A Coruña como meta de peregrinos e, entre outras publicacións, foi o director e autor principal da Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario da cultura jacobea (2010), obra con 3.000 entradas e 18 tomos distribuída por xornais de toda España, e que actualmente se pode consultar en internet, con acceso libre -aínda que sen actualizar-, como Xacopedia. Tamén leva impartido conferencias de contido xacobeo en case toda España e diversos países de Europa e América. Entre outras distincións, en 2019 recibiu o Premio Internacional Aymeric Picaud de Divulgación do Camiño de Santiago.

Comentarios