Venres. 19.04.2024
El tiempo

Manuel Gago fará o Camiño ata Fisterra con Plácido Castro

placido tradutor
Manuel Gago fará o Camiño ata Fisterra con Plácido Castro

Este sábado 17 de xullo, o Salón de Plenos do Concello de Fisterra acolle, a partir das 20:00h, a XXII Conferencia Anual Plácido Castro. A Fundación do humanista corcubionés invitou a Manuel Gago, doutor en Ciencias da Información pola USC e docente na mesma.

Gago percorrerá o Camiño de Santiago da man de Castro, partido dun artigo publicado en 1961 no que Plácido reivindica o papel de Galicia como dinamizador do Camiño.

Premio Plácido Castro de Tradución

Hai unhas semanas a entidade outorgaba o XIX premio de tradición a Laureano Araujo (Cambados), pola tradución da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, “Schlumpf, Erwin: Homicidio”.

Mentres, xa están publicadas as bases da edición XX do Premio.

Novas relacionadas

Comentarios