xoves. 07.11.2024
El tiempo

Moda e fútbol combinan Fisterra

Moda e fútbol combinan Fisterra

Que dous mundos uníronse esta fin de semana na vila do Cristo. Fútbol e moda, moda e fútbol, provocaron que máis de 500 persoas encheran o pavillón fisterrán para disfrutar do desfile que artellaba a SD Fisterra coa colaboración de 24 casas comerciais da vila.

Impresionantes estiveron todos os modelos, dende os 4 ata os 20 anos, amosando o talento natural de Fisterra para lucir. Os máis aclamados, por suposto, foron os xogadores do clube. Desfilaron unha morea deles, de todas as categorías, entre os que estaban os Eddy, Joselu, Mané, Santi... desatando paixóns entre o público.

A directiva quedou moi satisfeita coa acollida e cos fondos recadados para o clube, e agradecen encarecidamente a labor de todas e cada unha das casas comerciais. De feito, houbo algunha que vendeu in situ as súas roupas de neno ou maiores, doando unha porcentaxe para a entidade.

Así, sen máis, só queda darlle a noraboa ao clube pola iniciativa, e as gracias aos establecimentos por apoialo:
A Marola, Tata, Manola Waldomar, Pequesar Fisterra, Cabo sport, Boga Moda, Doree, Da vinci, Galerías Pérez Fisterra, Otzi, Xade Finisterre, Zaloira Moda, Librería Agarimo Fisterra, Gussinas, Ed Accesorios, Peluquería Aida, Peluquería imaxe, Peluquería Marta Estevez, Peluquería Rocio, Peluquería Yolimar, Floristería Bolboreta, Floristería Rocio, Concello de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios