domingo. 11.05.2025
El tiempo

O BNG de Fisterra pide transparencia na contratación das brigadas de limpeza de praias

O BNG de Fisterra pide transparencia na contratación das brigadas de limpeza de praias

Hai unhas semanas a Deputación facía públicas as axudas para que os concellos contraten persoal de limpeza de praias de cara ao verán. O Concello de Fisterra contará con 28.000€ para as contratacións.

E antes de nada, dende BNG de Fisterra envían unha moción ao pleno fisterrán na que pide que os "métodos baseados no "amiguismo" e no "favoritismo" non sexan os únicos que puntúen na valoración de méritos final".
No escrito o BNG fisterrán pregúntalle ao goberno local unha serie de preguntas para garantir "a transparencia e a igualdade de oportunidades para todos e todas, especialmente para aqueles colectivos sociais máis desfavorecidos", como parados de longa duración, persoas en risco de exclusión, mulleres, persoas con discapacidade, mozos/as, vítimas de violencia machista…

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios