Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra sumerxiuse no mundo da pesca

O BNG de Fisterra sumerxiuse no mundo da pesca

O BNG de Fisterra celebrou onte luns 7 de marzo, unha charla coloquio baixo o título "A pesca en Fisterra: presente e futuro". A cita tivo lugar no local da formación e foron unhas 40 persoas do sector pesqueiro da localidade as que asistiron. De feito, entre os asistentes estaban varios armadores da localidade, ademais de marinheiros, mariscadores e representantes do BNG da comarca.

Na charla interviron o deputado nacionalista Bieito Lobeira, o responsable local do BNG, Xan Carlos Sar e o candidato a alcaldia Modesto Fraga.

Os problemas coa cota de xarda e pescada, o furtivismo, sostibilidade, as axudas polos danos causados polos temporais... foron moitos os temas que saíron á palestra.

Bieito Lobeira destacou a importancia da pesca de baixura na economia galega ata o punto de afirmar que "este país non se pode entender sen a pesca" e de calificar como "aberrantes as cuotas establecidas para a pesca galega".

Modesto Fraga, pola súa banda, destacou "o compromiso do BNG co sector pesqueiro", dicindo que "levarán a cabo todas as medidas que sexan necesarias para apoialos". Ademais, Xan Carlos Sar, recordou as iniciativas que dende o BNG de Fisterra se levaron a cabo tanto no marisqueo, como na pesca de baixura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xan Carlos Sar Oliveira; Responsable local do BNG de Fisterra.
  • Foto de Xusto Gómez.

Comentarios