Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Conxunto de San Guillerme afeita a barba

O Conxunto de San Guillerme afeita a barba
Conxunto de San Guillerme desbrozado Conxunto de San Guillerme recén desbrozado

Publicabamos hai un par de semana un artigo dun veciño de Fisterra esixindo o coidado do Conxunto de San Guillerme, un dos puntos arqueolóxicos máis importantes da comarca. Hoxe, as silveiras e matogueiras xa non agochan as pedras santas, despois de que a cuadrilla forestal pasase estes días a facer un bo afeitado.

Xa dende o mes de marzo tiñan a petición feita dende o Concello aos forestais, pero non puideron ata estes días. Iso si, dende o Concello pedirán que se desbroce máis a fondo, para darlle máis espazo ao conxunto.

Ademais, o Concello tamén realizou unha sinalización da zona (por aforrar estiveron pendentes de que tivera tempo un dos mozos da cuadrilla, que traballa moi ben a madeira). E nos vindeiros días procederase ademais a sinalizar as Pedras Santas.

Sinalizacion e desbroce do Conxunto de San Guillerme en Fisterra Sinalización e desbroce do Conxunto de San Guillerme en Fisterra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios