Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O hotel Bela Fisterra representa a España a Bienal Iberoamericana de Deseño

O hotel Bela Fisterra representa a España a Bienal Iberoamericana de Deseño
branding-bela-fisterra-hotel O hotel foi seleccionado polo seu proxecto de branding realizado pola empresa galega Xosé Teiga Studio No próximo mes de novembro terá lugar en Madrid a Bienal Iberioamericana de Deseño (BID 18); unha das citas máis importantes do deseño iberoamericano e que está organizada pola Fundación Diseño Madrid. E a Costa da Morte estará presente neste encontro grazas ao traballos de branding realizado pola empresa Xosé Teiga Studio no Bela Fisterra Hotel. De feito, o proxecto representará a España nesta bienal que vai pola súa sexta edición e que se celebra no espazo Matadero, de Madrid. Os autores do proxecto de brandingo do Bela Fisterra hotel son Xosé Teiga Studio; unha recoñecida empresa galega experta en branding corporativo que acumula xa máis de 180 premios internacionais e nacionais sendo a empresa de Branding, Deseño e Publicidade máis premiada de Galicia e unha das máis premiadas do territorio nacional. Un comité de asesores científicos de cada país son os encargados de analizar cada un dos traballos. No caso español, formarán parte deste comité os recoñecidos profesionais Alberto Corazón, Manuel Estrada, Pedro Feduchi e Gabriel Martínez, que son os que fan a primeira a selección dos proxectos españois das diferentes disciplinas do deseño (deseño industrial, deseño gráfico, deseño de moda, deseño digital, deseño de servizos e deseño integral). Unha vez feita esa selección de proxecto, un xurado internacional concede os premios internacionais, aos que segundo o seu criterio son merecedores deles. Deseño galego Bela Fisterra Hotel foi deseñado por Xosé Teiga, Sabela Barceló , María Toucedo e Asunta Riotorto (equipo de Xosé Teiga, Studio) e acaba de coñercer que será o representante español nesta bienal, "conseguindo un dos méritos máis importantes do deseño galego", tal e como indican dende a dirección do hotel. O mes de novembro inaugurarase a BID e nela haberá representación de Galicia, formando parte da exposición e dun catálogo impreso /dixital no que o proxecto fisterrán deixará a súa constancia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/yolanda-castano-amadrina-a-primeira-habitacion-poetica-do-bela-fisterra/ “O Bela Fisterra alza a vela turística da vila do Cristo” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios