O house fisterrán ao asalto

14:16 23/02/11
Fisterra´s House Mafia. Nome de cine para crear unha revolución musical na Costa da Morte. I é que pouco a pouco a Costa vai aparcando a verbena e achegando ás músicas electrónicas. E hai máis cousas que o "dance maquinero" de moda. Por Fisterra, piden house.
Pois dúas tazas, apuntan o trío de deejays de moda na vila do Cristo. Brais The Nice, Fer Fisterra e Pana son Fisterra´s House Mafia. Eses son os nomes de guerra de Brais Pichel, Fernando Rivas Lago e José Manuel Velay, que partindo dende o Pub Titanic xa extenden a súa música por toda a bisbarra.
Ao asalto do Arena Sound
Pola bisbarra e por toda a península. I é que Fer Fisterra está a participar no Concurso de Djs do Arena Sound. Un dos festivais máis impotantes do país, que se celebrará en agosto en Castellón, e que busca os pinchas máis singulares da xeografía española. Aló, pola fin do mundo, parece que hai algún dj con gañas de éxito...Para votar a Fer Fisterra
O primeiro que hai que facer é darlle a "Megusta" no Facebook do Arena Sound. Despois hai que entrar no propio Concurso de Arenasound.com, e conectarse co Facebook permitindo que conecten ambas aplicacións. Aí xa podes votar a Fer como o mellor Dj do Arena Sound 2011. A día de hoxe, 23 de febreiro de 2011, o fisterrán está entre os 15 máis votados de toda a península. Xa ten case que 200 votos, e coa nosa axuda poderá situarse entre os favoritos.Fichados por un selo discográfico
E a grande nova saltaba estes días cando dende o Facebook nos anunciaban que o grupo acaba de ser fichado polo selo discográfico Voch Records. Trátase dun selo internacional de música electrónica que se adica ao tech-house. Un gran salto para os pinchas fiserráns. Pero non o único.Vindeiras citas
Xa teñen varias actuacións pendentes como a do propio Entroido de Fisterra, onde amenizarán a festa do sábado 5 de marzo. Pero antes o mesmo venres 4 de marzo estarán na discoteca Zona Zero de Cee!! Aquí vos deixamos cunha sesión:Máis información
- Facebook de Fisterra´s House Mafia.
- Myspace de Fisterra´s House Mafia.
- Evento do Facebook: Ayudad a Fer.
- Sesión de Fer Fisterra.
Novas relacionadas
- Os Porsches invadiron a fin do mundo.
- O Entroido de Fisterra poderá batir todas as marcas.
- A radiONeria estrea un novo programa de “música jalleja dajora”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).