O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina

- Galería de fotos de Xusto Gómez.
Emotiva e moi especial a Festa Solidaria que COSAL e Buserana organizaron para pechar a Campaña Rumbo a Gaza na Costa da Morte. O María Elena do Cruceros Fisterra cambiou bandeira fisterrá pola Palestina, para berrar a todo o Atlántico aquel "Palestina libre!!".
Foron máis de 30 persoas, a pesar dos ceos amenazantes, as que surcaron as augas da fin do mundo para apoiar a causa do pobo palestino. A idea era a de recaudar fondos para os enviados galegos na Frota da Liberdade, que este verán achegará toneladas de axuda humanitaria á illa da Franxa de Gaza.
A sesión foi completa. Javi Turnes e Rafa Mississipi estiveron loitando co ruído do motor para facer soar a guitarra e a harmónica. Pero desta volta o blues sucumbiu ao runrun do barco.
A choiva impediu que Mohamed Safa dese unha sempre interesante charliña sobre a problemática, pero o oftalmólogo-activista preocupose de facer chegar a realidade palestina a cada tripulante da miniFragata da Liberdade.
Ata os golfiños se viron invadidos polo sentemento de solidariedade e se achegaron ao María Elena para amosar o seu apoio... Os máis pequenos, encantadísimos.
Novas relacionadas
- A Costa tamén marcha Rumbo a Gaza.
- Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
- Un crucero ao solpor de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.