Martes. 30.11.2021
El tiempo

O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina

O mar da Costa da Morte solidarizouse con Palestina

Emotiva e moi especial a Festa Solidaria que COSAL e Buserana organizaron para pechar a Campaña Rumbo a Gaza na Costa da Morte. O María Elena do Cruceros Fisterra cambiou bandeira fisterrá pola Palestina, para berrar a todo o Atlántico aquel "Palestina libre!!".

Foron máis de 30 persoas, a pesar dos ceos amenazantes, as que surcaron as augas da fin do mundo para apoiar a causa do pobo palestino. A idea era a de recaudar fondos para os enviados galegos na Frota da Liberdade, que este verán achegará toneladas de axuda humanitaria á illa da Franxa de Gaza.

A sesión foi completa. Javi Turnes e Rafa Mississipi estiveron loitando co ruído do motor para facer soar a guitarra e a harmónica. Pero desta volta o blues sucumbiu ao runrun do barco.
A choiva impediu que Mohamed Safa dese unha sempre interesante charliña sobre a problemática, pero o oftalmólogo-activista preocupose de facer chegar a realidade palestina a cada tripulante da miniFragata da Liberdade.

Ata os golfiños se viron invadidos polo sentemento de solidariedade e se achegaron ao María Elena para amosar o seu apoio... Os máis pequenos, encantadísimos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios