O Obispo de Santiago de Compostela presidirá a Resurreción da Semana Santa fisterrá


Esta fin de semana, a Xunta de Confrarías da Semana Santa estará promocionando a secular celebración da Vila do Cristo na Feira Turexpo de Silleda, xunto con outras propostas turísticas costeiras. E unha das novidades que avanzarán, ademais da estrea da nova imaxe da Entrada Triunfal de Xesus en Xerusalem, será a presencia do Obispo de Santiago de Compostela.
O Monseñor Jesús Fernández González, aceptou a invitación de Fisterra e irá para estar presente no Acto da Resurrección do Domingo de Pascua e a presidir a Solemne Misa que, a continuación, se celebra. E o fai coñecendo a antigüedade que carga a súas costas a Semana Santa de Fisterra, unha celebración que data do s. XIV. Xa na Idade Media, cando xa se representaba o Desencravo e a Resurrección de Xesús.
Hoxe en Fisterra séguense representando con máis de 700 anos de historia e que seguen atraendo a milleiros de xentes ata as terras da Fin do Mundo para presenciar o que en Fisterra ocurre nos días de Semana Santa.
Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra estreará imaxe.
- A Panorama non fallará á súa cita coa Semana Santa de Fisterra.
- A retranca, polas veas de Fisterra.
- Un ano de sorpresas na Semana Santa de Fisterra.
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).