O Pleno de Fisterra, a medias, aproba os orzarmentos do 2010
14:32 03/11/10
Días de intensidade política en Fisterra. O luns presentábase o novo candidato do BNG, Modesto Fraga, algo que congratula a boa parte da vila do Cristo. Un "candidato de consenso" segundo afirma a Asemblea do BNG, que o escolleu por unanimidade, indicando que refrenda "o proceso de profunda renovación que se está a impulsar dende o seo do partido". Ademais, esta elección satisface ao Colectivo de Galiza Nova.
A actualidade política vai máis alá. I é que este pasado martes 2 de novembro había pleno. E pleno importante, que segundo denuncian dende o BNG, foi convocado co tempo xusto. Hai exactamente un mes o BNG denunciaba que non se convocaba o pleno do primeiro martes de setembro. O Concello, logo de 4 meses sen pleno, si convocou o de novembro, pero denuncian dende a oposición que o fixo o "venres a mediodía", sen deixar tempo para que os membros da oposición estudiasen a orde do día.
Así, durante o pleno, que tratou entre outros asuntos, os orzamentos do 2010, non os do 2011, os concelleiros do BNG mónica Góñez e Xosé Insua Insua abandonaron o salón a modo de protesta.
Os orzamentos foron aprobados por un total de 3,6 millóns de euros, coa abstención de PSOE e TEGA. A partida máis grande lévaa a de gastos en persoal do Concello, con un terzo do orzamento total. Segundo o alcalde non se puideron abordar con anterioridade porque non se coñecían as partidas que ía recibir o concello da administración.
Con todo, semella que a estas alturas un concello debería estar pensando máis no 2011 que no 2010.
Novas relacionadas
- Modesto Fraga, novo candidato do BNG de Fisterra.
- Xoán Silva Pazos é o novo resposable da estreada asemblea de Galiza Nova en Fisterra.
- Discusión en Fisterra por un pleno que non é.
- O BNG de Fisterra pide información ao TSXG sobre a anulación das licencias da Anchoa.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.
- LA Opinión da Coruña.