O Pleno de Fisterra fala en clave estatal

2 horas de longo Pleno en Fisterra no día de onte, cheo de mocións, presentadas, na súa meirande parte, polo BNG. Mocións que en moitos casos saltaban as fronteiras do concello fisterrán para analizar as políticas da Xunta, do Goberno Central e mesmo do Señor Europa.
Un dos momentos máis esperados era a aprobación do Convenio co Consorcio Galego de Servizos para a xestión da Escola Infantil de Fisterra, un formalismo que foi ratificado en pleno por unanimidade.
E aínda en clave local, presentouse unha moción da peonalización da Rúa Real e outra pola subida do Canon de SOGAMA que levaba tamén o PSOE. Ambas quedaron sobre a mesa, porque se están negociando a outros níveis e retomarase nun plazo de 6 meses de non haber solucións.
Tiña a Reforma da Administración Local un foco especial de atención. Nas dúas que trataron a reforma, o PP abstívose ao discrepar nalgún punto. As mocións, que veñen a denunciar a centralización e a perda de autonomía dos concellos, foron aprobadas.
Tamén ocupou gran parte do debate a venda de NGBanco que o PP defendeu argumentando que non era posible dar marcha atrás polas esixencias do FROB.

Tamén foi rexeitada a moción que propuña condenar aos crimes franquistas e o apoio á querela arxentina, que o Partido Popular non apoiou alegando que non ían apoiar decisións que tomaron en outros países con respecto a transición española.
O partido popular tamén se mostrou en contra da moción do BNG que solicitaba a eliminación do copago farmaceutico a persoas doentes. Considera BNG que "o alcalde pense que son 8,12 euros ao mes e non supón ningún esforzo económico que non se poida esixir".
No turno de rogos e preguntas, o BNG preguntou polo custe dos cartaces QR no marco do proxecto Fisterra dende a nube, que o alcalde non quixo cifrar, ainda que recoñeceu que tiñan un custe elevado. Tamén houbo tempo para preguntar polas subas de impostos e vados. O PP xustificou que existiron erros nos vados e que se rectificarán en vindeiros anos.
Novas relacionadas
- Corcubión e Fisterra xa van a 100 megas.
- Repaso das enmendas sociais do BNG aos orzamentos de varios concellos da zona.
- Piden a anulación da subida do canon do lixo.
- Un novo proxecto turístico levará a Fisterra polas Nubes.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.