Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O Santo Sepulcro busca o seu sitio

O Santo Sepulcro busca o seu sitio
Reunion en Fisterra sobre o San Sepulcro-Foto-Dario Gomez Reunion en Fisterra sobre o San Sepulcro-Foto-Dario Gomez

Novo asunto de freguesía que crea polémica na vila do Cristo. Non gañan para disgustos os devotos veciños fisterráns, e despois do asunto das pinturas da Igrexa, agora teñen que pelexar polo Santo Sepulcro.

Reuníase o pasado venres a xente da Cofradía do Divino Nazareno e do Santo Sepulcro de Fisterra co alcalde fisterrán e o párroco no Salón de Plenos do Concello. Un total de 100 persoas entre membros das confrarías de Semana Santa e veciños, quixeron participar, despois da intención do párroco de non devolver o Santo Sepulcro ao lugar onde os veciños consideran que debe estar, na capela do Cristo de Santa María das Areas.

Foi unha reunión tensa, que non serviu para achegar posturas. O párroco Agustín Fariña, négase a movelo á Capela, polo que os cofrades aseguran que visitarán ao Arzobispado directamente.

Reunion en Fisterra-Foto-Dario Gomez Reunion en Fisterra-Foto-Dario Gomez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios