O uso das novas tecnoloxías non ten idade
Non somos nós xa o que o temos clarísmo. Hoxe é a propia Axente TIC do Concello de Fisterra, Alicia López, a que nos manda esta crónica, despois levar varios meses alucinando coa implicadión e a ilusión dos máis maiores para cos cursos de novas tecnoloxías que ela mesma imparte na Aula CeMIT de Fisterra.
O uso das novas tecnoloxías non ten idade
Cada vez está máis extendido o uso das novas tecnoloxías, pero tamén as gañas e curiosidade entre as persoas maiores de utilizar estes aparellos. Na aula CeMIT de Fisterra prímase a alfabetización dixital por enriba de calquera actividade, e é algo que ademais de ter moi boa acollida neste concello, ten moita demanda.
Sirva como exemplo este grupo de persoas que rondan, e nalgún caso, sobrepasan os 70 anos de idade, e que nos demostran sesión tras sesión, que a idade non é unha traba, senón un motivo máis para actualizarse. Acoden puntualmente tódolos venres cargados de ganas de aprender, e sempre cun sorriso na boca (pois ademais de traballadores, son un grupo moi dinámico e divertido). Actualmente, acompáñanse do seu pendrive-cámaras-móbiles, e demais tecnoloxía para convertir as súas fotos en vídeos, e estano a facer realmente ben.
Destacan todos eles que a memoria xa non retén como fai uns anos, que por iso a actividade debería ser diaria en lugar de semanal (algo non factible de momento, debido á imposibilidade horaria pola programación existente).
Sexa como sexa, o certo é que como se adoita dicir, o saber non ten cancelas.
- Alicia López, Axente TIC na Aula CeMIT de Fisterra.
Novas relacionadas
- Galinus achega novas oportunidades de innovación no rural dumbriés.
- Fisterra e Vimianzo xa ven a tele por internet a través das Aulas CeMIT.
- Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión.
- A banda ancha chegará a Cee en novembro.
- Abertas as axudas para instalar internet ás familias con menos recursos.
- A aula CeMIT de Fisterra pechou o ano con máis de 300 usuarios.
- Redacción de QPC ([email protected]).