Venres. 29.03.2024
El tiempo

O venres volve abrir o Museo da Pesca con Alexandre Nerium á fronte

O venres volve abrir o Museo da Pesca con Alexandre Nerium á fronte
Alexandre Nerium-Museo da Pesca de Fisterra Alexandre Nerium seguirá sendo o alma do Museo da Pesca de Fisterra

Anda o Concello de Fisterra ultimando detalles para a reapertura do Museo da Pesca no Castelo de San Carlos. Despois dunha difícil travesía con poucos recursos, e dunha campaña social xerada para mantelo vivo, o Concello facíase ca concesión hai apenas unha semana, tempo que lle servíu para ultimar certas melloras, sobre todo no xardín, para poder abrir.

Así, este venres 5 de agosto, os visitantes xa poderán visitar este senlleiro museo, e escoitar as historias salgadas de Alexandre Nerium, que volverá ser o guía e o alma do museo.

Haberá algunha novidade, como a incorporación, nas vindeiras datas, dunha pequena embarcación recreativa feita hai case 50 anos, toda en madeira por un dos carpinteiros de ribeira de renome do Ézaro. O bote era dun biólogo italiano que pasou moito tempo pola zona estudando aos paxaros da Costa da Morte.

O Concello está tremendamente contento por devolver a vida a este museo e cando chegue o instalarán na parte de fóra.

Embarcacion recreativa do Ezaro doada ao Museo da Pesca de Fisterra Embarcacion recreativa do Ezaro doada ao Museo da Pesca de Fisterra

Horario

  • De xuño a setembro: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
  • O resto do ano: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

De momento no se vai cobrar entrada, ata que se poidan realizar os trámites burocráticos, que poderían levar ata outubro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios