Os bombeiros rescatan un gato dun tellado en Fisterra
20:18 28/09/16
Os bombeiros de Cee rescataron esta tarde un gato que levaba varios días miando ao quedar atrapado no tellado do albergue o Encontro de Fisterra.
Os bombeiros accederon ao tellado para revisar o canalón onde descubriron que o animal habitaba no interior do faiado e saía ata o tellado a través de furados pero sen poder saír de alí.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros Cee