Os diplomados informáticos en Fisterra completarán a súa formación en verán

09:10 15/06/11

Unha vez rematada a campaña de derpotes de inverno, o Concello de Fisterra prepara xa os cursos de informática para nenos/as de 4 a 13 anos durante os meses de xullo e agosto.
I é que os centros xa comezaron cos cursos durante o inverno, como no CEIP Areouta de Sardiñeiro que xa conta máis de 20 diplomados. Con estes cursos poderán seguir completando a súa formación informática.
Datas
- 1º Grupo: Do 4 ao 15 de xullo.
- 2º Grupo: Do 18 ao 29 de xullo.
- 3º Grupo: Do 8 ao 19 de agosto.
En cada grupo haberá tres turnos en horario de mañán: De 10:00-11:00, 11:00-12:00, 12:00-13:00.
O número de prazas é de 90 (10 alumnos por curso).
Prazo de inscrición
O prazo para inscribir os nenos/as é do 15 ao 24 de xuño ambos días inclusive, directamente na aula de informática municipal ou chamando o 981740191 (De 9:00-14:00).
Novas relacionadas
- Os pequenos de Sardiñeiro xa teñen os seus diplomas como informáticos.
- Os deportes de inverno remataron con festa en Fisterra.
- Máis de 100 cativos participan nas Xornadas Deportivas da S.D. Fisterra.
- A mocidade de Fisterra xa pensa no San Xoán.
Fonte
- Concello de Fisterra.