Os maiores de Fisterra recuperan o Casón na rede
08:00 24/12/12
Para moitas persoas conxugar maiores e informática resulta difícil. Parece que ambos termos son antagónicos. Sen embargo, na aula Cemit de Fisterra, atopamos unha proba de que iso non é así. Son persoas motivadas, con ganas de aprender, puntuais nos seus horarios e fieis ao ordenador.
Desta volta, impulsados polo 25 aniversario do explosionamento do Casón, do que xa temos falado en QPC. Agora, e en primeira persoa, cóntannos as súas vivencias deste xeito tan particular: creando e editando un blogue.
Aquí tedes o resultado do seu traballo:
- cason25cemitfisterra.blogspot.com.es.
Novas relacionadas
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Fisterra segue formándose nas TIC.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
Fonte
- Aula CeMit de Fisterra, da man de Alicia López.