Luns. 07.10.2024
El tiempo

Os maiores de Fisterra tiveron cita co baile

Os maiores de Fisterra tiveron cita co baile
Máis de 800 persoas disfrutaron o pasado domingo da Xuntanza dos Maiores de Fisterra. Un día cargado de festa e bo humor, nunha das citas máis importantes organizadas polo Departamento de Servizos Sociais e Cultura do Concello fisterrán. O Pavillón municipal foi testemuña da diversión de centos de maiores da vila do Cristo. Un exquisito xantar, agasallos e un divertido baile fixeron que o día fose inolvidable para todos. A xubilada de maior idade que participou na festa este ano foi Ubaldina Santos, de 92 anos, e o xubilado Manuel Redonda Marcote, de 93. Como todos os anos, o alcalde José Manuel Traba fíxolle entrega dun ramo de flores na casa de María Marcote Boullosa, a máis lonxeva de Fisterra e de toda Galicia. María cumpliu 109 anos....

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios