Domingo. 05.05.2024
El tiempo

En Fisterra os maiores falan de saúde e os pequenos disfrutan dos contos

En Fisterra os maiores falan de saúde e os pequenos disfrutan dos contos

Na mañá de onte luns 14 de marzo máis de 100 nen@s dos colexios de Fisterra foron testigos dun espectáculo basado no libro Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz.

Os pequenos do municipio estrearon o salón de actos novo do Concello con dita actividade. Os temas e os valores que se trataron durante toda a mañá foron , entre outros, as relacións familiares, o amor e a necesidade de non estar sós, a solidariedade, o valor dos medios de comunicación, o valor dos libros, o mundo do cómic...

Os maiores falaron de saúde

Preto de 50 persoas asistiron esta fin de semana ao mes da saúde organizado por NNXX do partido popular de Fisterra. O tema a tratar o pasado venres foi sobre o cancro de mama impartida polo douctor Gulías, ciruxano do Hospital Virxe da Xunqueira. O máis destacado da charla foron as medidas de detectar a enfermidade onde moitas das asistentes fixeron varias preguntas sobre os avances da mesma, as revisións...

Na tarde do sábado e a pesar do mal tempo, foron moitos os veciños da vile presentes na charla sobre nutricción e menciña natural a cargo do doutor Machado e LLopis, tamén profesionais do Virxe da Xunqueira.

Vindeira cita coa saúde<(h4>

O ciclo de saúde continúa e a próxima cita será o vindeiro venres as 20:30h da tarde no salón de actos do concello. A mesma tratará sobre Hipertensión e risgo cardiovascular, co médico de familia do centro de saúde de Fisterra, o Doutor Óscar Cristóbal Alonso.

Novas relacionadas

Comentarios