Domingo. 05.05.2024
El tiempo

23 maiores de Fisterra enchufáronse á vida

23 maiores de Fisterra enchufáronse á vida

Un total de 23 persoas maiores de Fisterra participaron no programa "Play, enchúfate á vida", que desenvolveu, dende o pasado mes de decembro. O programa incluía tres conceptos básicos para un envellecemento activo: a prevención, a saúde e a autonomía.

O alcalde de Fisterra, José Manuel Traba Fernández, foi o encargado de facer a entrega de diplomas ós maiores que participaron, entre outras actividades, en obradoiros de prevención de caídas, manipulación de medicamentos, sendeirismo cognitivo ou termalismo.

"Play, enchúfate á vida" foi organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra e subvencionado pola Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios