Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os mergulladores de Fisterra piden poder traballar con osíxeno

Os mergulladores de Fisterra piden poder traballar con osíxeno

Así é como traballa un mergullador na procura de longueirón. Un sistema, en apnea, isto é, a peito, que pouco a pouco está cansando aos propios mergulladores, ao tempo que o método do raño dana ás profundidades. Consideran que a día de hoxe o sistema de apnea e do raño pode crear "problemas de saúde ao supoñer un grande esforzo físico". Explican que "a actividade do raño, realizase en fondos de calado considerable e tendo que manter unha posición erguida, cargando no lateral das costas en condicións de mar a miúdo non favorables, pois estamos nunha enseada onde o mar bate continuamente. Non hai mais que ver os problemas lumbares que teñen os mariscadores, con baixas continuas ou sesións de masaxe ou no fisioterapeuta", explican.
Ademais, aseguran que "o raño representa tamén unha maior agresividade no medio, danando o substrato e rompendo unha porcentaxe significativa dos moluscos recollidos".

Así, e a través BNG fisterrán, van chegar ao Parlamento, para propoñer un "Plan Experimental de explotación mixta", na modalidade de recurso específico con suministro de aire, para a recolección de ameixa, navalla e longueirón nos bancos infralitorais do areal da Langosteira en Fisterra. Será o deputado do BNG Daniel Rodas Chapela o que faga a proposta esta tarde no Parlamento.

Segundo afirma o BNG, "no colectivo de mergulladores, son conscientes de que o cambio de modelo supón un risco para o banco de non estar convenientemente regulado, polo que apostan pola participación na toma de decisións e nas medidas de control do banco e de vixilancia para a ordenación e coidado do recurso, que é o seu medio de vida".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNg de Fisterra.
Video dun mergullador de longueiron en apnea

Comentarios