Os pequenos de Sardiñeiro xa teñen os seus diplomas como informáticos

09:45 07/06/11

O luns, 6 de xuño, o antigo salón de sesións do Concello de Fisterra, acolleu a clausura dos cursos de informática correspondentes o curso 2010-2011 levados a cabo no C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro. Este foi o cuarto ano que se fixeron ditos cursos gracias a colaboración do Concello de Fisterra con dito centro escolar.
No acto de clausura estiveron presentes os nenos que participaron nos cursos asi como os seus familiares e a monitora encargada de impartir os cursos, Neli Cambeiro Otero. A entrega de diplomas correu a cargo do tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Turismo e Deportes, Santiago Insua Esmorís-Recamán e a Concelleira de Educación, Rocío Marcote Canosa.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Fisterra.