Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os peques de Sardiñeiro pintan o seu Arco da Vella

Os peques de Sardiñeiro pintan o seu Arco da Vella
Pintando o arco da vella no Ceip Areouta de Sardineiro

Fermosa a inicitiva da ANPA “Arco da vella” do CEIP “Areouta” de Sardiñeiro. Pais, nais e cativos viviron un día en familia pintando o valo e mais o muro que arrodean a escola. Nais e pais, alumnado e profesorado, coa colaboración e asesoramento de Palmira Castro, agran Mimadriña, deron cor ao exterior do centro nunha xornada de facer comunidade.

A instancias da ANPA os traballadores do concello de Fisterra limparon e prepararon semanas atrás as superficies a pintar; asimesmo, o concello aportou a pintura. Brochas e rolos, tempos e esforzos son a nosa aportación, na crenza de que a escola pública somos tod@s, e a súa defensa pasa tamén por coidala.

A iniciativa nace coa idea de que a participación das nenas e nenos no coidado deste entorno no que tanto tempo pasan é de grande importancia na súa educación, e na concepción da escola e os diferentes materiais como propios. A escola é de tod@s. Pública, gratuíta e de calidade, tamén no rural. É o futuro d@s nos@s fill@s, o futuro da nosa terra.

Pintando o arco da vella no Ceip Areouta de Sardineiro Pintando o arco da vella no Ceip Areouta de Sardineiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios