Venres. 26.04.2024
El tiempo

Papaventos negros para lembrar á Marea Branca

Papaventos negros para lembrar á Marea Branca

Xa non queda nada para ver ducias de negros papaventos sobrevoando as praias da Costa da Morte, facendo unha homenaxe aos 10 anos da catástrofe do Prestige e á marea branca que cambiou de cor as nosas costas.

O Proxecto Papaventos 13N farase realidade este vindeiro sábado día 5 de xaneiro, cunha acción/performance na praia do Rostro en Fisterra ás 12:00h.

A idea é "recuperar a gran cadea humana que se fixo ao longo de toda a costa afectada, aquel 22 de xaneiro de 2013", segundo apunta o valedor do proxecto, o mallorquín Martín Mojo.
Xa hai confirmados 45 voluntarios (vestidos con traxe branco) que van colaborar voando as 45 papaventos, repartidos ao longo de toda a praia a unha distancia duns 40m entre cada un deles, tendo en conta que a praia ten unha lonxitude de case 2km. A inscrición segue aberta contactando dende o blog papaventos13n.blogspot.com.
Os papaventos, que estan deseñados polo propio Martí, e de aquí o seu carácter escultórico ou plástico, son de 1,20m2 cuxa forma e material (poliester negro) lembra o chapapote.

50 papaventos sobrevoarán a praia do Rostro de Fisterra para lembrar a Marea Branca

Novas relacionadas

Máis información e inscricións

Fonte

Comentarios